DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4, no concello de Sanxenxo, e que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 14 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/304-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4.

Concello: Sanxenxo.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

Depósito previo

1

36051A003003930000FU

Josefa Domínguez Estévez

16 de outubro de 2023

2023/54/165