DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada, por comparecencia, en expedientes sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANP-CO-0007/2023).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, é emprazada a persoa interesada, para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo ditado en relación co procedemento sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG nº 194, do 11 de outubro e BOE nº 263, do 30 de outubro), sonlle notificado á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada, poderá comparecer no prazo e o lugar que se sinalan a seguir:

No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 19 de setembro de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANP-CO-0007/2023

DNI 34635184-J

Acordo de inicio