DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55022

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).

Advertido un erro en dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 63, do 31 de marzo de 2022, é necesario realizar a seguinte corrección:

Na páxina 20881, no punto 2 do artigo 5, onde di:

«O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 20 de abril de 2022 e rematará o 31 de decembro de 2023, ao ser inhábil, prorrógase ata o 2 de xaneiro de 2024».

Debe dicir:

«O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 20 de abril de 2022 e rematará o 31 de decembro de 2023».