DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55021

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 215, do 9 de novembro de 2021, é necesario realizar a seguinte corrección:

Na páxina 54868, no punto 2 do artigo 7, onde di:

«(…) O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 31 de decembro de 2023; ao ser inhábil prorrógase ata o 2 de xaneiro de 2024 para todas as tipoloxías de proxectos».

Debe dicir:

«(…) O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 31 de decembro de 2023 para todas as tipoloxías de proxectos».