DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55234

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Aeronáutica Galega

ANUNCIO de modificación dos estatutos.

Unha vez aprobada a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral da Federación Aeronáutica Galega, en reunión do 18 de abril de 2023, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 19 de xuño de 2023 (expediente PR946B 2023/16-0), de conformidade co establecido no artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación dos estatutos nos puntos 5, 19.2, 36, 38.1, letras a) e b); 46.2, 48.3, 48.6, 74, 76, 78, 88, 93 e o título VII (artigos 94-104), cuxa copia íntegra se deposita no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia e se publica na paxina web https://www.fag.gal

Ferrol, 23 de xuño de 2023

Miguel González Cuesta
Presidente da Federación Aeronáutica Galega