Advertido un erro no citado anuncio publicado no DOG nº 185, do 28 de setembro de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 54958, no sumario, onde di:
«ANUNCIO polo que se convocan os procesos selectivos derivados da oferta de emprego público aprobada polo Decreto 209/2022 para a cobertura de diferentes postos de persoal laboral».
Debe dicir:
«ANUNCIO polo que se fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novas solicitudes a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal».