DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de execución subsidiaria do plan de prevención de incendios en dous predios do Carrizal e de Soutullo.

Resolución da Alcaldía nº 924/2023, do 8 de setembro de 2023, en que se inicia expediente para a execución subsidiaria do plan de prevención de incendios en dous predios do Carrizal e de Soutullo.

Antecedentes:

Iníciase expediente de biomasa para a parcela 8605322NH1880N o 20.10.2022 con informe da Policía Local do 31.10.2022 (expediente 2023/X999/000944), neste caso, aínda que consta titular no Catastro, non constan máis datos para poder realizar as notificacións correspondentes. A Policía Local procede a informar do estado actual o día 12.6.2023.

Iníciase expediente de biomasa para a parcela 15029A063003420000DF o 3.7.2023 con informe da Policía Local do 31.7.2023 (expediente 2023/X999/000178), e procédese a notificar a Antonio Caamaño Carracedo. Por rexistro de entrada nº 202300000002886 do día 6.9.2023 recibimos declaración da herdeira María Pilar Caamaño Gándara en que fai constar que non son propietarios, polo tanto, o dito predio queda en investigación.

Ref. catastral

Titulares

Localización

Metros

Liquidación provisional

8605322NH1880N0001IU

Herdeiros José Duarte Pena

Lg. Carrizal

1.057 m2

1.103,30 €

15029A063003420000DF

Descoñecido

Lg. Soutullo

608 m2

634,58 €

E de conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, e tendo intentando as notificacións ás persoas responsables, sen que fose posible efectualas por causas non imputables ao Concello de Coristanco, e dado o incumprimento por parte das persoas responsables que a continuación se indican da obriga da xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Que no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que «cando os interesados no procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, cando, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado».

De acordo co previsto nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, de prevención de incendios de Galicia; 135 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar aos titulares afectados un prazo de audiencia de 15 días, para que aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren convenientes ao seu dereito. Para tales efectos, poderán consultar o expediente administrativo instruído e obter a información necesaria para os efectos dunha maior defensa dos seus intereses, de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro da sede electrónica do Concello, para o seu coñecemento.

Terceiro. O cómputo dos prazos comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Coristanco, 8 de setembro de 2023

Juan Carlos García Pose
Alcalde