DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0246/2023-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0246/2023-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 18 de setembro de 2023

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0246/2023-PPM

78803150K

Inicio

Rúa Río de Quenxe, 14, ptl. 9, 1º A, Corcubión

PSC-FE-0251/2023-PPM

46092023T

Inicio

Lugar Guilleiro, 14, Cespón, Boiro

PSC-FE-0258/2023-PPM

33449311C

Inicio

Avenida La Paz, 21, 1º A, Peralta

PSC-FE-0260/2023-PPM

35491930D

Inicio

Rúa Depuradora, 19 E, Trabanca Badiña, Arealonga, Vilagarcía de Arousa

PSC-FE-0263/2023-PPM

32691805L

Inicio

Rúa Sao Paulo, bl. 20, ptl. 7, Baixo esqda., Ferrol

PSC-FE-0270/2023-PPM

76506929M

Inicio

Rúa Pesqueira, 174, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-FE-0275/2023-PPM

16049973K

Inicio

Rúa Voluntariado, 11, planta baixa, Fisterra

PSC-FE-0279/2023-PPM

44845036G

Inicio

Rúa Francisco Catoira, nº 45, 2º esqda., A Coruña

PSC-FE-0282/2023-PPM

76778145M

Inicio

Rúa Pesqueira, 193, km. 357, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-FE-0300/2023-V

53489909M

Inicio

Rúa María Mariño, 6 A, A Pobra do Caramiñal