DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0452/2022-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0452/2022-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 18 de setembro de 2023

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0452/2022-PPM

78806762E

Resolución

R/ Nine, 36, Cespón, Boiro

PSC-FE-0481/2022-PPM

32716700M

Resolución

R/ Masaia, 5, escaleira A, 7º D, Ferrol

PSC-FE-0482/2022-PPM

32775096G

Resolución

R/ Cedeira, 5, baixo esquerda, Ferrol

PSC-FE-0078/2023-PPM

32691805L

Resolución

R/ Sao Paulo, bl. 20, portal 7, baixo esquerda, Ferrol