Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5) Código NUTS: ES111 (A Coruña).
1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7) Fax: 981 95 74 03.
1.8) Teléfono: 981 95 74 01.
1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10) Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
4. Código NUTS do lugar principal de ES112 Pantón (Lugo).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de abastecemento de auga potable ás parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato, Pantón (Lugo), obra con referencia de expediente AUG-2023-0001 e clave do proxecto OH.227.687 (referencia de expediente AUG-2023-0003).
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e gasto anticipado.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 21.107,96 euros. Importe total: 25.540,63 euros.
8. Valor estimado do contrato: 27.271,69 euros. Inclúe o orzamento de licitación (21.107,96 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (6.163,73 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 7 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 2 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 20 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (ponderación 17 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 12 %) e medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 2 de xuño de 2023.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1) Ofertas totais: 4.
12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.
12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4) Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 22 de xuño de 2023.
14. Empresa contratista:
14.1) Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Consultoría Inrupre, S.L.
14.2) NIF: B32304842.
14.3) Enderezo: avenida de Buenos Aires, nº 46, baixo, local 2, 32004 Ourense.
14.4) Código NUTS: ES113 (Ourense).
14.5) Correo electrónico: inrupre@inrupre.com
14.6) Fax: 988 10 42 42.
14.7) Teléfono: 988 22 64 59.
14.8) Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 17.665,25 euros. Importe total: 21.374,95 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta actuación financiarase pola Unión Europea ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4 «Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde»; actuación 20.1.4.5 «Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación «Abastecemento de auga potable ás parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato, Pantón (Lugo)».
A Axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise propostas na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).
O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán a disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do Fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.
Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.
Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4) Código postal: 15781.
17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6) Fax: 981 95 74 03.
17.7) Teléfono: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 30 de decembro de 2022.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 6 de xuño de 2023.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 22 de xuño de 2023.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 1 de agosto de 2023.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia