DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual da normativa urbanística do Plan parcial SUD-11 (expediente 2022/PLANEAM/000015-FG número 702).

Aprobación definitiva da modificación puntual da normativa urbanística do Plan parcial SUD-11 (expediente 2022/PLANEAM/000015-FG nº 702),

Mediante o Acordo do Pleno do 27 de xullo de 2023, aprobouse definitivamente a modificación puntual da normativa urbanística do Plan parcial SUD-11 Dorneda-campo de golf para a incorporación de usos permitidos e compatibles dentro do uso global terciario (documento R.E. nº 2023001127, do 24.1.2023).

Segundo a Resolución do 14.10.2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a modificación puntual abrangue un conxunto de modificacións menores do plan parcial aprobado que non constitúen variacións fundamentais das estratexias, directrices e propostas formuladas, nin producen diferenzas nas características dos efectos previstos nin da zona de influencia. Polo que, de acordo cos criterios establecidos no anexo II da Lei 9/2006, do 28 de abril, non se prevén efectos ambientais significativos.

Así mesmo, o documento aprobado definitivamente pode consultarse na páxina web do Concello https://www.oleiros.org/concelleria-de-interior-y-seguridad-ciudadana-econom%C3%ADa-y-hacienda-urbanismo/urbanismo/ordenacions-urbanisticas-aprobadas/en-desenvolvemento-plan-xeral-vixente/plans-parciais/-/asset_publisher/RG2D81ErOkT7/content/id/267011

O que se fai público para a súa executividade e indícase que contra a aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Todo iso sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Oleiros, 2 de agosto de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente