DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fornelos de Montes

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e téndose intentado a notificación ás persoas responsables, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Fornelos de Montes, polo presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento polas persoas responsables que a seguir se indican da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

11.8.2022

36019A00500022

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

005

00022

35871884A

11.8.2022

36019A00500027

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

005

00027

35871884A

11.8.2022

36019A00500029

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

005

00029

35871884A

11.8.2022

36019A00500039

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

005

00039

35871884A

11.8.2022

36019A00500069

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

005

00069

76991850V

11.8.2022

36019A00500073

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

005

00073

76991850V

11.8.2022

36019A00500101

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

005

00101

35321626C

11.8.2022

36019A00600055

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

006

00055

76991850V

11.8.2022

36019A00600059

Oitavén (San Vicente), Fornelos de Montes, Pontevedra

006

00059

76991850V

11.8.2022

36019A00900165

Traspielas (Santa María), Fornelos de Montes, Pontevedra

009

00165

35871989Q; 35873018X

11.8.2022

36019A01000286

Traspielas (Santa María), Fornelos de Montes, Pontevedra

010

00286

36028758V

11.8.2022

36019A01000287

Traspielas (Santa María), Fornelos de Montes, Pontevedra

010

00287

36005348K

11.8.2022

36019A01400005

Traspielas (Santa María), Fornelos de Montes, Pontevedra

014

00005

35873555H; 36005348K

11.8.2022

36019A01500445

Traspielas (Santa María), Fornelos de Montes, Pontevedra

015

00445

36174193T

11.8.2022

36019A01500529

Traspielas (Santa María), Fornelos de Montes, Pontevedra

015

00529

35873451Y

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección indicada comprobouse que na referida parcela incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fora inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, no seu caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que hai que impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento no que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2022/36019A00500022

36019A00500022

0,0042

1.688,89 €

7,03 €

2022/36019A00500027

36019A00500027

0,0049

1.688,89 €

8,19 €

2022/36019A00500029

36019A00500029

0,0063

1.688,89 €

10,71 €

2022/36019A00500039

36019A00500039

0,0385

1.688,89 €

65,04 €

2022/36019A00500069

36019A00500069

0,0124

1.688,89 €

20,94 €

2022/36019A00500073

36019A00500073

0,0489

1.688,89 €

82,62 €

2022/36019A00500101

36019A00500101

0,0447

3.545,82 €

158,43 €

2022/36019A00600055

36019A00600055

0,0218

1.688,89 €

36,81 €

2022/36019A00600059

36019A00600059

0,0066

1.688,89 €

11,15 €

2022/36019A00900165

36019A00900165

0,0390

1.688,89 €

65,83 €

2022/36019A01000286

36019A01000286

0,0065

1.688,89 €

10,93 €

2022/36019A01000287

36019A01000287

0,0029

1.688,89 €

4,95 €

2022/36019A01400005

36019A01400005

0,2557

1.688,89 €

431,84 €

2022/36019A01500445

36019A01500445

0,0791

1.688,89 €

133,62 €

2022/36019A01500529

36019A01500529

0,0403

1.688,89 €

68,13 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuicio do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b)

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Fornelos de Montes, 21 de agosto de 2023

Emiliano Lage Rodríguez
Alcalde