DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de setembro de 2023, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes do programa de axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2022-2025.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouno a xefa de Sección da Área Provincial do IGVS da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de setembro de 2023

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

202315ALUG00772C

xxx5692xx

Requirimento

202315ALUG01221D

xxx8918xx

Requirimento

202315ALUG01733S

xxx6757xx

Requirimento

202315ALUG01776N

xxx8938xx

Requirimento

202315ALUG01846J

xxx1784xx

Requirimento