DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54486

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala de xestión, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 11 de maio de 2023 (DOG do 31 de maio), convocáronse probas selectivas para cubrir cincuenta prazas na escala de xestión, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela