DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de vinte días para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Substitución dos apoios A5161FJ6//68-3 e AS2QEBDO//68-4 na LMT MUR811 e LMTA.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios A5161FJ6//68-3 e AS2QEBDO//68-4 na LMT MUR811 e LMTA, do predio que se detalla no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

O interesado poderá presentar no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición da servidume de paso do predio que figura na relación.

Vigo, 13 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/225-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios A5161FJ6//68-3 e AS2QEBDO//68-4 na LMT MUR811 e LMTA.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

2

36900A291000900000LO

José Figueres de la Barga