DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a resolución administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2022/300-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública do proxecto para a adecuación do CT Serode-27C008 (Pantón), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 12 de setembro de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/300-2.

Denominación: proxecto de adecuación CT Serode-27C008 (Pantón).

Concello: Pantón.

Declaración de utilidade pública.

Nº predio

Datos catastrais

Concello

Lugar

Cultivo

Titular

Enderezo

1

Polígono 54
Parcela 129

Pantón

Balado

Prado

Hdros. de Josefina Ramona López Mosquera e Ofelia López Mosquera

Descoñecido