DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de creación de solo industrial.

Tras ser aprobado inicialmente o Plan especial de creación de solo industrial en Triacastela mediante a Resolución do 29.8.2023, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública durante o prazo de dous (2) meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (https://triacastela.sedelectronica.gal).

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Triacastela, 1 de setembro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa