DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de setembro de 2023 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 100/2023 no expediente de reposición da legalidade COR/180/2020-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, en relación co procedemento ordinario número 100/2023, interposto polas persoas con DNI 28855598H e 33503742X, contra a Resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 5 de abril de 2023 nos recursos de reposición (COR/180/2020-R1-COR/180/2020-R2), interpostos contra outra do 5 de xullo de 2022 (expediente COR/180/2020-RP1), na cal se declara que as obras de construción dunha cabana de madeira con tipoloxía residencial ou de fin de semana, no lugar dos Edreiros, concello de Cedeira, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) e emprázase a persoa con DNI 32500385M para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística