DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Empresarial de Fontanería de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Empresarial de Fontanería de Ourense.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: empresarios que exercen actividades económicas comprendidas na fontanaría e no ámbito territorial das provincias de Ourense e Pontevedra.

– Asinantes: Esteban Ferreiro Gabilanes e José Antonio Quintas Pérez.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais