DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 12 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal sen que se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas do procedemento de homologación e/ou validación de estudos estranxeiros non universitarios.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sita no Edificio Administrativo Campolongo, rúa María Victoria Moreno, nº 43, 7ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Pontevedra, 12 de setembro do 2023

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Riveira Arroyo, Guisellandrea

Homologación de estudos estranxeiros non universitarios

Maalainine, Moussaoui

Homologación de estudos estranxeiros non universitarios

Washington Berrey

Homologación de estudos estranxeiros non universitarios

Mariluz Isaza Zuluaga

Homologación de estudos estranxeiros non universitarios

Mendoza Acosta, Yuvia Denisse

Homologación de estudos estranxeiros non universitarios

Birinci, Tymur

Homologación de estudos estranxeiros non universitarios