DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica aos interesados a dispoñibilidade da folla de valoración realizada pola empresa beneficiaria correspondente aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2020/113-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio notifícase a todas as persoas interesadas e, particularmente, ás relacionadas no anexo que segue a este escrito, que está ao seu dispor a folla de valoración realizada pola empresa beneficiaria no proxecto de adecuación LMTA MEA816 y CT Feás, no concello de Cariño (expediente IN407A 2020/113-1).

O texto íntegro da referida folla de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar que se lles remita a valoración.

Transcorrido o prazo sinalado sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo antes sinalado.

A Coruña, 11 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/113-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Cariño.

Nº predio

Concello

Datos catastrais

Titular

Lugar

1

Cariño

91814112NJ8398S0001OF

Cesáreo Alvelo Rico

(Enderezo descoñecido)

Esteiro de Arriba