DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de aprecio formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación no concello de Cartelle (expediente IN407A 2022/78-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de aprecio da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de reconectador TC no apoio D23-52-1 da LMTA, 20 kV, CAS805, no concello de Cartelle, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de aprecio atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitaren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 10 de setembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/78-3.

Denominación: instalación de reconectador TC no apoio D23-52-1 da LMTA, 20 kV, CAS805.

Concello: Cartelle.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Monte de San Martiño

32021A132002900000JM

CMVMC de San Martiño

Enderezo descoñecido

10.4.2023

2

Monte de San Martiño

32021A133004910000JO

CMVMC de San Martiño

Enderezo descoñecido

10.4.2023