DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53720

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 2 de agosto de 2023 pola que se publica a resolución das solicitudes de subvencións da Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño de 2023, publicouse a Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

A concesión destas subvencións será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441A.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, ata un importe máximo de 2.773.095,00 €.

Segundo. Mediante a Resolución do 2 de agosto de 2023, do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, resólvese a concesión de subvencións e de desestimación e inadmisión de determinadas solicitudes ao abeiro da citada convocatoria de subvencións.

Terceiro. A Federación Galega de Esgrima resultou adxudicataria dunha subvención por importe de 162.095,00 €, para o desenvolvemento de 97 grupos de actividade. De conformidade co artigo 15.1 das bases reguladoras destas subvencións, a Federación Galega de Esgrima presenta o 10 de agosto de 2023 aceptación expresa da subvención concedida por un importe de 94.221,17 €, para o desenvolvemento de 56 grupos de actividade e renuncia á diferenza, que ascende ao importe de 67.873,83 €.

Cuarto. Mediante a Resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 5 de setembro de 2023, aceptouse a renuncia parcial presentada pola Federación Galega de Esgrima por importe de 67.873,83 €.

Quinto. O punto segundo da Resolución do 2 de agosto de 2023 resolve as solicitudes desestimadas por esgotamento de crédito, de conformidade coa puntuación outorgada na Comisión de Valoración que tivo lugar o 20 de xullo de 2023. En virtude do crédito excedente resultante da renuncia referida no punto anterior e que ascende a un importe de 67.873,83 €, as entidades solicitantes ás cales lles corresponde a subvención serían as seguintes:

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Nº de grupos da actividade x nº de meses

Orzamento subvencionable (1.660,00 €/grupo, max. 300.000,00 €)

Subvención proposta (€)

Puntuación

DE402B-2023-00000008-00

Federación Galega de Squash

G36644680

24

39.840,00

39.840,00

40

DE402B-2023-00000009-00

Federación Galega de Bolos

V36650133

13

21.580,00

21.580,00

37,5

DE402B-2023-00000020-00

Federación Galega de Atletismo

G15103500

65

107.900,00

6.453,83

37,5

Total

67.873,83

No caso da Federación Galega de Atletismo, dado que a subvención proposta se basea no crédito sobrante ata esgotar o crédito dispoñible, implicará o desenvolvemento de como mínimo 4 grupos de actividade/mes, para os efectos da aceptación da subvención.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o órgano competente para ditar as resolucións das solicitudes de subvencións, de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Pola súa parte, a Subdirección Xeral de Plans e Programas é o órgano competente para a instrucción do procedemento e a Secretaría Xeral para o Deporte formulará a proposta de resolución, que elevará, conforme todo o actuado, á persoa titular da Vicepresidencia Primeira, todo isto en virtude do artigo 6 das bases reguladoras da subvención.

Segunda. As solicitudes, as actuacións que se van desenvolver obxecto das solicitudes de subvención, as contías e os trámites dos expedientes axústanse ao establecido na devandita convocatoria e bases reguladoras.

As solicitudes aceptadas foron presentadas dentro do prazo establecido na orde de convocatoria. Examinados os expedientes, comprobouse que as solicitudes para as cales se propón subvención cumpren todos os requisitos establecidos na convocatoria e nas bases reguladoras das citadas subvencións.

De conformidade co artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a modificación da resolución como consecuencia da renuncia parcial da Federación Galega de Esgrima non dana dereitos de terceiros e non afecta o resultado da baremación con base na cal se lle adxudicou a subvención outorgada, de conformidade cos criterios aplicados que figuran no artigo 8 das bases reguladoras das subvencións destas axudas.

Ao non figuraren no procedemento outros feitos nin outras alegacións ou probas que as achegadas polas persoas interesados, con base no anteriormente exposto, en cumprimento do previsto no artigo 11 das bases reguladoras e de conformidade coa proposta da Secretaría Xeral para o Deportes,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 2 de agosto de 2023, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a resolución das solicitudes de subvención da Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B), e concederlles a subvención aos beneficiarios citados a continuación, segundo relación ordenada por orde decrecente de puntuación, de conformidade coa acta da Comisión de Valoración do 20.7.2023, e con expresión do número de grupos da actividade que se vai desenvolver (expresado como o resultado de multiplicar o número de grupos da actividade/mes polo número de meses de duración de cada un deles), o importe subvencionable e a contía outorgada.

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Nº de grupos da actividade

x nº meses

Orzamento subvencionable (1.660,00 €/grupo, máx. 300.000 €)

Subvención proposta (€)

Puntuación

DE402B-2023-00000008-00

Federación Galega de Squash

G36644680

24

39.840,00

39.840,00

40

DE402B-2023-00000009-00

Federación Galega de Bolos

V36650133

13

21.580,00

21.580,00

37,5

DE402B-2023-00000020-00

Federación Galega de Atletismo

G15103500

4

6.640,00

6.453,83

37,5

Total

67.873,83

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse un recurso potestativo de reposición ante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes