DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

Asunto: modificación puntual número 1 do PXOM de Baiona. Anuncio de información pública.

Promotor: Concello de Baiona.

Expediente: 934/2017.

O Pleno do Concello de Baiona, en sesión ordinaria do 27 de xullo de 2023, prestou aprobación inicial ao documento técnico da modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Baiona, elaborado pola entidade Ordenación Territorial, Infraestructuras e Medio Ambiente, S.L. (OTIMA) e presentado no Rexistro Electrónico Municipal o 31 de xullo de 2022 (2022-E-RE-3249).

Consonte o disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG), sométese o documento a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. A documentación sometida a información pública abarcará todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluídos o resumo executivo e o informe de avaliación estratéxico.

Durante o devandito prazo o expediente poderá ser examinado, cita previa, por calquera interesado nas dependencias municipais entre as 9.00 e as 14.00 horas, co fin de que poidan formular as alegacións que ao seu dereito conveñan. Así mesmo, o documento técnico aprobado estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello na ligazón:

https://baiona.sedelectronica.gal/transparency/d6f52da6-1218-4d4d-97d8-e7f988681bde/

De conformidade co acordado, e ao abeiro do disposto no artigo 47.2 da LSG e 86 do DLSG, acordar a suspensión, por prazo de dous anos, do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelamento, edificación e demolición nos ámbitos delimitados no resumo executivo do devandito instrumento de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Baiona. Para tales efectos, publicarase o resumo executivo contido no anexo III da memoria xustificativa (síntese) do documento de modificación puntual presentado.

Baiona, 23 de agosto de 2023

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde