DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53451

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio a agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto

Convenio

Data de sinatura

Achega Axencia

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade de Santiago de Compostela para a presentación de asesoramento en materia de acumulación enerxética.

26.5.2023

40.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Cultural As Salam para actuacións relativas a Enerxías Renovables.

2.6.2023

21.937,50 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Comunidade de Coeses, propietaria do Monte Veciñal en Man Común Lamabranca, Lagoa e Paramelo, para iluminación da parcela do local social.

12.6.2023

12.609,42 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Clúster da Biomasa de Galicia para a elaboración da Estratexia da Biomasa 2030 e a realización de actividades de dinamización sectorial.

27.6.2023

39.825,00 €