DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53440

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se lles dá publicidade a catro encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para seren executadas durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselles publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 5 de xuño de 2023, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización da asistencia técnica de apoio para o reforzo do Centro Nacional de Información e Investigación Mariña de Namibia (NatMIRC) na súa función de contribuír ao proceso de toma de decisións na xestión de pesqueiras.

– Actividade: describir os traballos que comprenderá a asistencia técnica de apoio para mellorar a capacidade de investigación de NatMIRC nos recursos pesqueiros e as súas pesqueiras, e contribuír á mellora da avaliación dos recursos pesqueiros namibios e favorecer a xestión sustentable das súas pesqueiras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 5 de xuño de 2023 ata o 15 de decembro de 2025.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287.

2. Resolución do 2 de agosto de 2023, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a asistencia técnica en relación coas actuacións desenvolvidas no marco da medida 1.6.2. Recollida de residuos coa participación dos pescadores no mar e nas praias.

– Actividade: a realización das actuacións relativas á execución polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar de accións de apoio á Consellería do Mar en materias relacionadas coas actuacións desenvolvidas no marco da medida 1.6.2. Recollida de residuos coa participación dos pescadores no mar e nas praias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 2 de agosto de 2023 ata o 20 de decembro de 2026.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023, 2024, 2025 e 2026 na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.0, código do proxecto 2023 00192, cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

3. Resolución do 2 de agosto de 2023, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a asistencia técnica no seguimento e avaliación do desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMPA 2023-2027.

– Actividade: a realización das actuacións relativas á execución polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar de accións de apoio á Consellería do Mar en materias relacionadas co seguimento e avaliación do desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMPA 2023-2027.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 2 de agosto de 2023 ata o 20 de decembro de 2026.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023, 2024, 2025 e 2026 na aplicación orzamentaria 15.03.723A.640.0 código do proxecto 2023 000192, cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

4. Resolución do 18 de agosto de 2023, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a execución do servizo de coordinación, difusión e mellora do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia como soporte á xestión sustentable da actividade acuícola.

– Actividade: a execución do servizo de coordinación, difusión e mellora do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia como soporte á xestión sustentable da actividade acuícola.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de agosto de 2023 ata o 31 de decembro de 2025.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023, 2024 e 2025 na aplicación orzamentaria 15.02.723A.641.0, código do proxecto 2023 000242, cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar