De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos, e, polo tanto, a notificación resultou imposible, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da antedita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
Parcelas de titulares descoñecidos incluídas fóra do ámbito da parroquia prioritaria de San Pedro de Visma:
Referencia catastral |
Localización |
Titulares catastrais |
15900A010000390000YU |
Polígono 10, parcela 39. Lavandeira |
Descoñecido |
15900A010000550000YT |
Polígono 10, parcela 55. Caveiro |
Descoñecido |
15900A011000190000YA |
Polígono 11, parcela 19. Rañas |
Descoñecido |
15900A011000320000YT |
Polígono 11, parcela 32. Cotos |
Descoñecido |
15900A011000330000YF |
Polígono 11, parcela 33. Cotos |
Descoñecido |
15900A011001160000YA |
Polígono 11, parcela 116. Reboldedo |
Descoñecido |
7882919NH4978S0001GR |
Campus Universitario. Solo. Polígono 6 |
Descoñecido |
1. En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
2. Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, non se tivera xestionado voluntariamente a biomasa por parte das persoas responsables, o Concello da Coruña, a través do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018), procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007. Para iso, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a xestión da biomasa, referenciados para cada unha das parcelas na táboa anterior, coa advertencia expresa de que se procederá á súa exacción inmediata, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos.
O anterior sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas.
O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecen a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3. No tocante ao procedemento sancionador que se iniciará no caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, infórmase do seguinte:
A. Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción, ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b) O órgano competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c) A persoa titular da consellería que teña asignada competencia en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 da Lei 3/2007.
B. Cualificación da infracción: infracción leve (art. 51.3.a) da Lei 3/2007), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
C. Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b) da Lei 43/2003).
D. Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
A Coruña, 24 de agosto de 2023
A alcaldesa
P.D. de competencia (Decreto do 21.6.2023; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
O concelleiro responsable da Área de Economía e Planificación Urbana
P.D. de sinatura (Resolución núm. 14.329, do 28.7.2023)
Noemí Díaz Vázquez
Concelleira de Medio Ambiente