DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2023/116-1).

Expediente: IN407A 2023/116-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: adecuación integral do CT 15XL02.

Concello: Outes.

Feitos:

1. O día 7.3.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de adecuar o centro de transformación CT Roo (15XL02, IN407A 2016/2002-1) situado no lugar das Laxas, concello de Outes, proxéctase a súa reforma, a substitución da acometida existente que o alimenta desde a liña de distribución de media tensión LMT TA2808 Muros 8, procedente da subestación Tambre II, así como a instalación de novas saídas soterradas en baixa tensión desde o centro de transformación e o desmantelamento de varios tramos aéreos de baixa tensión.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado adecuación integral do CT 15XL02, asinado o día 26.8.2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número de colexiado LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselle unha separata do proxecto ao Concello de Outes, en calidade de entidade afectada, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. No día desta resolución, non consta no expediente resposta á solicitude de informe.

4. O día 23.8.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Características técnicas:

As instalacións atópanse no lugar das Laxas, no concello de Outes, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 15 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 9LKTVE8P//63 existente tipo HV-1000-13 da liña LMT TA2808 Muros 8, procedente da subestación Tambre II, e remate no CT Roo (15XL02) que se vai reformar. Condutor entubado en tubo vermello de polietileno de 160 mm de diámetro enterrado en gabia de 0,4×1,0 m (1+R)T.

– Desmonte de tramo aéreo, con condutor seco, da acometida existente desde o apoio nº 9LKTVE8P//63 existente ao CT Roo (15XL02) que se vai reformar.

– Reforma do CT Roo (15XL02, IN407A 2016/2002-1) de 400 kVA en envolvente prefabricado, consistente en:

• Desmonte do trafo existente do interior da caseta actual.

• Instalación dun centro de transformación compacto manobra exterior 2L+1P telecontrolado de 400 kVA/20 kV no edificio actual deixando unha cela de reserva para realizar un peche da liña no futuro.

• Instalación de novo CBT AC-5 1600 A.

• Entrada de acometida por reformar en novas celas.

• Construción de bancada de obra civil para acometida de cables e foso para recollida de aceite debaixo do transformador.

• Instalación de PAT interior para ferraxes, interior de neutro e exterior de protección con beirarrúa perimetral equipotencial e 4 picas PL-14/2000.

• Saneamento e pintado de paredes da caseta.

• Desmonte das reixas de ventilación actuais e tapado de ocos.

• Substitución da porta de acceso de persoal.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 25 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña