DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convoca a interesada ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2023/15-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC e RBT O Ollal, na Casa do Concello do Carballiño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 5 de setembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/15-3.

Instalación: LMTS, CTC e RBT O Ollal.

Concello: O Carballiño.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Coazal

Marina Ulloa González

Enderezo descoñecido

Casa do Concello do Carballiño

30.10.2023

11.45