DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/41-1 e dous máis.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas denominadas: reconectador no apoio D23-A-3 da LMTA BEG707, no concello de Betanzos (expediente IN407A 2022/41). Regulamentación da LMTCDR804 (Loira) apoio AUS3P5XI//139-16, no concello de San Sadurniño (expediente IN407A 89/2022). Instalación de reconectador TC no apoio nº 161-2 da LMT NEG803, no concello de Val do Dubra, expediente IN407A 152/2022. Acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais dos mencionados concellos, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o su DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 5 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/41-1.

Solicitante: UFD, Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Betanzos.

Nº de predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

1

Betanzos

Peregrina

Polígono 501

Predio 355

Herdeiros de José Castro

Rodeiro

18.10.2023

10.30

Expediente: IN407A 2022/89-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: San Sadurniño.

Nº de predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

1

San Sadurniño

Casal

Polígono 502

Predio 648

Mª Pilar Fortúnez Cabada

5.10.2023

11.00

Expediente: IN407A 2022/152-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Val do Dubra.

Nº de predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

1

Val do Dubra

Leiras longas

Polígono 515

Predio 184

José Iglesias Fosado e Josefina Vázquez Rey

11.10.2023

11.00