DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se empraza as persoas interesadas para ser notificadas por comparecencia (expediente IN408A 2020/010).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2023

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN408A 2020/010

RAI-DXEM-172.32/23

76336518R

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2020/010

RAI-DXEM-172.40/23

76342746L

Acordo de denegación da solicitude de suspensión