DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 52876

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2023, que se incorporan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a realización dun proxecto piloto sobre a influencia do substrato en bancos intermareais e a proposta de accións para a xestión eficiente do servizo ecosistémico.

46.200,00 €

22.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña para a realización da proposta de investigación «Xestión sustentable e baixo un enfoque ecosistémico dos stocks de poliquetos de interese comercial en Galicia: valorización do recurso e avance no coñecemento da súa bioloxía e ecoloxía. Polychaeta».

41.265,54 €

29.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, Sociedad Cooperativa Gallega, para a organización da X conferencia internacional Arvi sobre o futuro da pesca e a exhibición gastronómica durante a celebración da reunión anual da NAFO en Vigo.

34.568,05 €

2.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Dieta Atlántica para financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2023.

25.000,00 €

16.6.2023

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

100.000,00 €

6.7.2023

Acordo de colaboración entre a consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento sustentable do desenvolvemento evolutivo do proxecto lonxas galegas 4.0, para a modernización tecnolóxica dos establecementos de primeira venda de produtos do mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

2.105.000,00 €

6.7.2023

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de proxectos das tecnoloxías da información e comunicación que faciliten a aplicación e execución da asistencia técnica no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

1.016.400,00 €

10.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa e prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos para a realización de actividades de dinamización das embarcacións tradicionais e o XVI Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia, durante o ano 2023.

48.500,00 €

13.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización e fomento da carpintería de Ribeira, durante o ano 2023.

30.000,00 €

13.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción das confrarías de pescadores.

27.000,00 €

21.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e a mellora da súa competitividade.

16.000,00 €

21.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e Federación Provincial de Confrarías de pescadores de Lugo, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar a mellora da competitividade, tanto da propia Federación como do sector pesqueiro de Lugo.

16.000,00 €

21.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leven á institución a acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e a mellora da súa competitividade.

16.000,00 €

21.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo, para a realización do proxecto «Índice de sustentabilidade do ourizo de mar. SUST OURIZO».

82.305,90 €

31.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás «O Peirao», para establecer as condicións de colaboración coa finalidade de financiar os investimentos que leve a cabo a institución, para acadar os obxectivos básicos de fomento e a mellora da súa competitividade.

5.000,00 €

7.8.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización do proxecto «Diversidade xenética do ourizo de mar galego e a súa aplicación na conservación. OURIXEN».

57.492,25 €

9.8.2023