DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2023 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, do contrato administrativo do servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de melloras na rede de abastecemento da Laracha. Fase 1. A Laracha (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2022-0011 e clave do proxecto OH.215.1008 (expediente AUG-2022-0020).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou execución dos servizos: ES111 A Laracha (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de melloras na rede de abastecemento da Laracha. Fase 1. A Laracha (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2022-0011 e clave do proxecto OH.215.1008. Referencia de expediente: AUG-2022-0020.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 27.271,68 euros. Importe total: 32.998,73 euros.

8. Valor estimado do contrato: 36.517,26 euros. Inclúe o orzamento de licitación (27.271,68 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (9.245,58 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 9 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 20 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipamentos e unidades de obra (ponderación 17 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 12 %) e medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 26 de maio de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 2.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 2.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou realización do contrato: 14 de xuño de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura, S.L.

14.2. NIF: B15952369

14.3. Enderezo: rúa Bugallal Marchesi, núm. 12, 1º dereita, 15008 A Coruña.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: administracion@cimarq.es

14.6. Fax: 981 90 31 96.

14.7. Teléfono: 630 85 86 56.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada:

Importe neto: 22.207,33 euros. Importe total: 26.870,87 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación será financiada pola Unión Europea ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20: favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i: favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas con1secuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4: apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; actuación 20.1.4.5: mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación: melloras na rede de abastecemento da Laracha. Fase 1. A Laracha (A Coruña).

A Axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise propostas na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).

O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do Fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.

Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 5 de decembro de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 30 de maio de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 16 de xuño de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 19 de xuño de 2023.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia