DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de agosto de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación en superficie e do edificio 12.50.edf.008 (naves Escurís) e soto do edificio 12.50.edf.016 (casa Escurís), para o desenvolvemento da actividade de oficinas e invernaxe de embarcacións, solicitada por Pérez Queiruga e Hijos, S.L. no dominio público portuario da Pobra do Caramiñal (código 12-50-22-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Pérez Queiruga e Hijos, S.L. para a ocupación en superficie e do edificio 12.50.edf.008 (naves Escurís) e soto do edificio 12.50.edf.016 (casa Escurís), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de oficinas e invernaxe de embarcacións, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 8 de maio de 2023 e con base no Proxecto de acondicionamento dunha edificación para o seu uso como nave de invernaxe de embarcaciones, e os seus anexos: anexo ao proxecto, anexo II e anexo III, asinados polo enxeñeiro técnico industrial Roberto Carlos Ozores Nine, colexiado número 2084.

O anterior faise público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG número 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 22 de agosto de 2023

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro