DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52615

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 11 de agosto de 2023 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto para notificar

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Persoa interesada

Persoa responsable

Orde de execución (exp. 727-2023)

Resolución de inicio de o.e. do 28.7.2023

36043A033000490000JE

(polígono 33, parcela 49)

Barbudo,

Ponte Caldelas

José Garrido Ventín

Orde de execución (exp. 728-2023)

Resolución de inicio de o.e. do 7.8.2023

36043A032002120000JB (polígono 32, parcela 212)

Anceu,

Ponte Caldelas

Mario Garrido Boullosa

Orde de execución (exp. 729-2023)

Resolución de inicio de o.e. do 7.8.2023

36043A032002020000JE

(polígono 32, parcela 202)

Anceu,

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución (exp. 2359-2022)

Resolución de inicio de o.e. do 9.8.2023

36043A029000090000JS

(polígono 29, parcela 9)

Esfarrapada-Anceu,

Ponte Caldelas

Manuel e Delfina Pan Muíños

En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non pudiese determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resultase infructuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilítalle a este concello a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, con repercusión dos custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 11 de agosto de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente