DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52532

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

BDNS (Identif.): 651580.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias da subvención

Ao abeiro desta modificación, as beneficiarias son as entidades previstas na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Segundo. Obxecto e finalidade

A presente orde ten por obxecto establecer un novo prazo de presentación de solicitudes da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Cuarto. Financiamento

O financiamento é o establecido na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Quinto. Contía da axuda

A contía da axuda é a establecida na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As novas solicitudes presentadas tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude