DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52343

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2023 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre de 2023.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no segundo cuadrimestre de 2023 e que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Cenlle

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Concello de Cenlle para o desenvolvemento do Plan de dinamización da aldea modelo de Osmo

16.5.2023

Sen achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Concello de Friol

Convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Friol (Agader) para a urbanización exterior e a rehabilitación do Centro Social de Vilalvite, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca

5.7.2023

131.586,50 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Universidade de Santiago de Compostela

Convenio de colaboración entre Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Universidade de Santiago de Compostela para a posta en marcha dun proxecto de avaliación, testaxe e mellora de ferramentas de axuda á planificación dos usos agropecuarios e forestais

19.7.2023

100.000 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para levar a cabo un acordo de colaboración para o desenvolvemento, mantemento e soporte de sistemas de información de apoio na xestión dos instrumentos de recuperación da terra agraria de Galicia

13.7.2023

100.000 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de A Peroxa

Convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello da Peroxa para o proxecto senlleiro de ampliación do merendeiro do campo do Amparo dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca

28.7.2023

39.943,17 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación Cultural Monte Branco

Convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación Cultural Monte Branco para a reforma da casa dos veciños do Couto en Ponteceso, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca

3.8.2023

101.584,09 €