DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 31 de agosto de 2023, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 32-BONAL-098/2021 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa da Área Provincial de Ourense e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 31 de agosto de 2023

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 29.6.2023)
Damián Xabier Domínguez Fernández
Xefe de Sección de Inspección e Sancións

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

32-BONAL-098/2021

44488848V

Resolución de declaración de perda do dereito á subvención inicial do Programa do bono de alugueiro social

32-BONAL-101/2021

44481259H

Resolución de declaración de perda do dereito á subvención inicial do Programa do bono de alugueiro social

VI482F3200144

44467051R

Resolución de declaración de perda do dereito á axuda do Programa do bono de alugueiro social

VI482F3200174

44484281G

Resolución de desistencia tácita da solicitude do Programa do bono de alugueiro social