DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 29 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2015/145-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan condicionadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por medios telemáticos e por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o levantamento da suspensión no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que xulguen oportuno.

A Coruña, 29 de agosto de 2023

Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2015/145-1.

Acta Inf. nº: I152015000026471.

Empresa: Recrecidos del Norte, S.L.

NIF: B15986748.

Concello: Carballo.

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 25 de agosto de 2023.

Expediente: RL 2015/160-1.

Acta Inf. nº: I152015000027784.

Empresa: Recrecidos del Norte, S.L.

NIF: B15986748.

Concello: Carballo.

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 25 de agosto de 2023.