DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/073-4).

Expediente: IN407A 2023/073-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS MUR810 entre CCTT 36CRP8 e 36CG53 e entre CCTT 36CSRO e 36CSR2.

Concello: Pontevedra.

Feitos:

Primeiro. O 10 de febreiro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS MUR810 entre CCTT 36CRP8 e 36CG53, e entre CCTT 36CSRO e 36CSR2.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas na rúa Luis Otero, no concello de Pontevedra:

Déixanse sen servizo os tramos MUR8100349, MUR100348 e MUR8100350 da liña de media tensión subterránea MUR810 entre o centro de transformación con matrícula 36CRP8 e o centro de seccionamento 36CG53. Como consecuencia desta actuación, proxéctase un tendido de 81 metros dunha liña de media tensión subterránea entre o centro de transformación 36CRP8 e o empalme proxectado na LMTS MUR810.

Déixanse sen servizo os tramos MUR8100338 e MUR8100332 da liña de media tensión subterránea MUR810 entre o centro de transformación con matrícula 36CSR0 e o centro de seccionamento 36CSR2. Como consecuencia desta actuación, proxéctase un tendido de 79 metros dunha liña de media tensión subterránea entre o centro de transformación 36CSR0 e o empalme proxectado na LMTS MUR810.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Pontevedra e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 81 metros, con orixe no centro de transformación (Parque Pasarón) 36CRP8 e final no empalme proxectado na LMTS MUR810 no cruzamento da rúa Luis Otero coa rúa Leonardo Enríquez. A segunda actuación é de 79 metros, con orixe no centro de transformación (Estadio Municipal Pasarón) 36CSR0 e final no empalme proxectado na LMTS MUR810 no cruzamento da rúa Luis Otero coa rúa Leonardo Enríquez.

A instalación está situada na rúa Luis Otero, na zona de Pasarón, no concello de Pontevedra.

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS MUR810 entre CCTT 36CRP8 e 36CG53, e entre CCTT 36CSRO e 36CSR2, expediente IN407A 2023/073-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 14 de agosto de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra