DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 24 de agosto de 2023, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VI482F3600284 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos adoptounos a Dirección Xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia 7, andar 4º, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 24 de agosto de 2023

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: VI482F3600284.

DNI: Y2776371D.

Acto obxecto de notificación: resolución de perda do dereito.

Expediente: VI482F3600293.

DNI: 36082163Q.

Acto obxecto de notificación: resolución de perda do dereito.

Expediente: VI482F3600412.

DNI: Y9059249T.

Acto obxecto de notificación: incoación de perda do dereito.

Expediente: VI482F3600066.

DNI: 36037940E.

Acto obxecto de notificación: resolución de concesión de prórroga.

Expediente: VI482F3600804.

DNI: 36054400Z.

Acto obxecto de notificación: resolución de desistencia tácita.