DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2023 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade das resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Data da resolución: 2.3.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-07-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio nave de redes de arrastre (14.07.edf.015), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de reparación de redes do arrastre de litoral.

Porto: Viveiro-Celeiro.

Concesionaria: Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro.

Superficie concedida no título concesional: 1.162,40 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 608,67 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será do 1 % do importe neto da cifra de negocio anual das actividades.

– Data da resolución: 14.3.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-26-22-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e parcialmente do edificio 13.26.edf.002 (nova lonxa) para o desenvolvemento da actividade de formación náutica e oficinas da sede da asociación.

Porto: Canido.

Concesionaria: Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Canido e Coruxo.

Superficie concedida no título concesional: 28,89 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 2.894,45 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas e do 1,5 % en concepto de oficinas.

– Data da resolución: 14.3.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-26-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e parcialmente do edificio 13.26.edf.002 (nova lonxa) para o desenvolvemento da actividade de lonxa para o sector pesqueiro e/ou marisqueiro.

Porto: Canido.

Concesionaria: Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo.

Superficie concedida no título concesional: 132,42 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 498,84 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

– Data da resolución: 28.3.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-26-21-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio do club do mar (13.26.edf.001) para o desenvolvemento das actividades de club social, escola de vela, almacén e bar-restaurante.

Porto: Canido.

Concesionario: Club Marítimo de Canido.

Superficie concedida no título concesional: 1.450 m2.

Investimento: 694.492,67 € (sen IVE).

Prazo da concesión: trinta e cinco (35) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 23.586,21 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas e do 2 % das actividades non estritamente portuarias de restauración.

– Data da resolución: 31.3.2023.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario e modificación non substancial acumulativa.

Código da concesión: 13-05-11-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie para unha instalación de subministración de combustible a embarcacións e vehículos exclusivamente do sector pesqueiro e mexilloeiro.

Porto: Vilanova de Arousa.

Concesionaria: Peidadovil, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 420,80 m2.

Investimento: 6.569 € (sen IVE).

Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.333,83 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,05 % das actividades portuarias de subministración de combustible a buques e do 1,58 % das actividades portuarias de subministración de combustible a automóbiles usuarios do porto.

– Data da resolución: 10.4.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-46-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e construción de edificio para o desenvolvemento da actividade de sede do club de remo náutico de Ribeira e formación en actividades náuticas.

Porto: Aguiño.

Concesionario: Concello de Ribeira.

Superficie concedida no título concesional: 1.187,62 m2.

Investimento: 709.072,32 €.

Prazo da concesión: trinta e cinco (35) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 2.803 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas.

– Data da resolución: 14.4.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-28-20-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do edificio da lonxa para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa coas súas cámaras de frío, para o sector pesqueiro e/ou marisqueiro.

Porto: Baiona.

Concesionaria: Confraría de Pescadores La Anunciada, de Baiona.

Superficie concedida no título concesional: 713 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.426,11 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

– Data da resolución: 24.4.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-23-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e construción dunha plataforma de formigón armado para a instalación dunha báscula de 60 t para o desenvolvemento da actividade de pesada de camións.

Porto: Domaio.

Concesionaria: Asociación de Productores de Mejillóns de Cobres (Santo Adrán)-Amesa.

Superficie concedida no título concesional: 78 m2.

Investimento: 46.220,23 € (sen IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 91,34 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de medios mecánicos vinculados ás actividades portuarias.

– Data da resolución: 1.6.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-37-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario soterrado para a instalación dunha liña de baixa tensión para a subministración de electricidade.

Porto: Portocubelo.

Concesionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Superficie concedida no título concesional: 2,15 m2.

Investimento: 2.407,76 € (sen IVE).

Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1,48 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será do 1 % do importe neto da cifra de negocio anual das actividades.

– Data da resolución: 12.6.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-03-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario soterrado para a instalación de rede para a subministración de gas.

Porto: Foz.

Concesionaria: Nedgia Galicia, S.A.

Superficie concedida no título concesional: 173 m2.

Investimento: 1.085,95 € (sen IVE).

Prazo da concesión: vinte (20) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 164,35 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será do 2 % do importe neto da cifra de negocio anual das actividades.

– Data da resolución: 16.6.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-07-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio publico portuario en superficie e do edificio 14.07.edf.006 (nave) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de almacén e venda de efectos navais e cebo, e outros usos náutico-pesqueiros (formación).

Porto: Viveiro-Celeiro.

Concesionaria: Confraría de Pescadores de Celeiro.

Superficie concedida no título concesional: 2.166 m2.

Investimento: 498.300 € (sen IVE).

Prazo da concesión: trinta (30) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 31.135,41 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de efectos navais e do 1 % das actividades de ensinanzas náuticas.

– Data da resolución: 21.6.2023.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-36-02-C-1.

Obxecto da concesión: construción e explotación de instalacións para a depuración de moluscos, preparación, transformación, expedición e venda directa de produtos pesqueiros.

Porto: Tragove.

Concesionaria: Mariscos Daporta, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 8.489 m2.

Investimento: 364.623,40 € (sen IVE).

Prazo da concesión: ata o día 22.1.2031.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 16.352,52 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de depuradoras de moluscos e do 1,5 % das actividades de transformación e manipulación da pesca.

– Data da resolución: 7.7.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.48.edf.014 (nave) propiedade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades de manipulación, conxelación, cetaria e venda de produtos do mar.

Porto: Ribeira.

Concesionaria: Pescados Ernesto y María, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 498,20 m2.

Investimento: 612.000 € (sen IVE).

Prazo da concesión: trinta (30) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 15.377,68 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de cámaras de frío e cetarias e do 1,5 % das actividades de oficinas e naves de almacenaxe.

– Data da resolución: 8.8.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-47-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie, lámina de auga e do edificio deportes náuticos (13.47.edf.001) e das instalacións, embarcadoiro e pasarela (13.47.obr.001), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de práctica deportiva do piragüismo.

Porto: As Corvaceiras-Pontevedra.

Concesionaria: Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra.

Superficie concedida no título concesional: 1.835 m2.

Investimento: 375.160 € (sen IVE).

Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 20.272,96 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas.

– Data da resolución: 8.8.2023.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-32-06-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e parcialmente do edificio 12.38.edf.009 (lonxa e 10 departamentos L), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades inherentes á explotación e xestión da lonxa.

Porto: Muros.

Concesionaria: Confraría de Pescadores de Muros.

Superficie concedida no título concesional: 1.133 m2.

Investimento: 79.821,04 € (sen IVE).

Prazo da concesión: cinco (5) anos ata o 3.4.2027.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.943,23 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxa por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa e dunha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de oficinas.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia