DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2023/246-1).

Expediente: IN407A 2023/246-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT POR-706-apoio AMAGL1TI//117-2.

Concello: O Pino.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña POR-706 autorizado no expediente 31.425, de 534,8 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e PAS-50, comprendido entre os seus apoios núm. 117-1 (matrícula AMBG9X8J) de formigón tipo AM-AG-HP-630/14-B2-CA, no cal ten orixe a derivada ao CT Barcia (matrícula 15A178) e núm. 117-4 (matrícula AM3X406L) de formigón tipo S-AL-HV-400/14-B2-CSRI, consistente en:

• Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15067A501000870000QU sita no lugar de Piaxoi, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 117-1, do apoio núm. 117-2 (matrícula AMAGL1TI) de formigón tipo AM-AL-HV-400/14-CR1-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AC-C-2000/14-H40R-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo SXS actualmente instalados.

• Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15067A501001510000QZ sita no lugar de Cerrada, cun lixeiro desprazamento cara ao novo apoio núm. 117-2, do apoio núm. 117-3 (matrícula: AM5U7HR9) de formigón tipo AM-AL-HV-400/14-H35-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AC-C-2000/18-H35-CA(CS).

• Instalación, intercalado entre os novos apoios núm. 117-2 e núm. 117-3 proxectados, na parcela con referencia catastral 15067A501001510000QZ dun novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H40R-CA(CS).

• Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña POR-706 de 70,3 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 117-1 existente e o novo apoio núm. 117-2 proxectado.

• Retensado do condutor tipo PAS-50 (condutor existente) no van da liña POR-706 de 136,5 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 117-3 proxectado e o apoio núm. 117-4 existente.

• Substitución do condutor tipo LA-30 (condutor existente) por un novo condutor tipo LA-56 no treito da liña POR-706, de 328 metros de lonxitude, comprendido entre os novos apoios núm. 117-2 e núm. 117-3 proxectados.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 11 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/246-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT POR-706-apoio AMAGL1TI//117-2.

Concello: O Pino.

Núm. de parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Propietaria

Afección de solo en pleno dominio

Apoio núm.

m2

2

Lugar de Cerrada

15067A501001510000QZ

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

Carmen Otero Vázquez

Novo apoio intercalado e apoio núm. 117-3

2+2= 4