DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2023/239-1).

Expediente: IN407A 2023/239-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBTS rúa Agüeiros, s/n.

Concello: Melide.

1. Características técnicas:

Modificación, mantendo a súa localización actual na rúa Alcalde Jesús Landín Segade entre o CT Gasolineira Melide (matrícula 15C016) e o CT Melisa Furelos (matrícula 15P017), do apoio núm. 27 (matrícula B2AMDN12) de formigón tipo HV-630/15, pertencente á arquitectura da liña MEL-706 rexistrada no expediente IN407A 2016/2334-1, consistente na instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento en SF6, telecontrolado, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, dotado de cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas e equipamento de telexestión. Instalarase na parcela con referencia catastral 1618310NH8511N0000MK, sita na rúa Agüeiros, de Melide.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 335 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), con orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio núm. 27 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Tendido dun (1) novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 22 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate na CXPM dun solicitante de subministración de enerxía eléctrica.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 11 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/239-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBTS rúa Agüeiros, s/n.

Concello: Melide.

Núm. parcela

Lugar

Referencia catastral

Natureza do terreo

Propietarios

LMT soterrada

(servidume de paso de
enerxía eléctrica)

Lonxitude (m)

Superficie m2

1

Ponte

1021840NH8511N0001TL

Urbano.

Solo sen edificar

Lourdes Buján Rúa

Herminia Buján Rúa

José Manuel Buján Rúa

4

8,32