DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4149/2023, interposto contra a Resolución do 21 de abril de 2023, de aprobación definitiva da modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Chantada (Lugo).

Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4149/2023, interposto contra a Resolución do 21 de abril de 2023, de aprobación definitiva da modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Chantada, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo