DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan para o trámite de audiencia as persoas interesadas no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2015/00209 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse para o trámite de audiencia as persoas indicadas no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque se descoñece o lugar en que practicar a correspondente notificación.

As persoas interesada dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentaren por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consideren pertinentes. Para iso poden consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Ourense, avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Ourense, 21 de agosto de 2023

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Núm. expediente

Pasaporte

Acto notificado

OU-2015/00209

FO313944

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

OU-2016/00002

BN0202154

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

OU-2016/00156

FO608420

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia