DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 17 de agosto de 2023, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente LU-02197-O-2022).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador número LU-02197-O-2022 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

Infórmase de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se lle facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 17 de agosto de 2023

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-02197-O-2022

5803-JXK

50716834V

Realizar transporte público discrecional de viaxeiros/as en vehículos de ata 9 prazas carecendo de autorización, sempre que se acredite que, no momento de realizalo ou contratalo, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente sancionador. (1)
2.12.2022; 20.20; N-642; 36,099

Artigo 142.1 da LOTT

Artigo 199.1 do ROTT

Artigo 201.c) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

301 euros