DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2023 Páx. 51420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do dereito mineiro da sección C), Pozo do Inferno número 4375, situado no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, na provincia de Ourense.

En cumprimento do disposto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, sométese a información pública a documentación do dereito mineiro da sección C) que se describe a seguir:

• Solicitante: Julio Álvarez Quiroga.

• Denominación do proxecto: Pozo do Inferno nº 4375.

• Recurso: lousa, sección C).

• Concello afectado: Carballeda de Valdeorras (Ourense).

• Localización: as coordenadas que definen o perímetro da concesión de explotación son as seguintes:

Vértice

Lonxitude W

Latitude N

X UTM ETRS 89

Y UTM ETRS 89

Pp

6º 56’ 25,23’’

42º 20’ 55,85’’

669.644,593

4.690.564,167

1

6º 57’ 5,23’’

42º 20’ 55,85’’

668.729,354

4.690.542,035

2

6º 57’ 5,23’’

42º 19’ 55,85’’

668.773,976

4.688.691,271

3

6º 56’ 25,23’’

42º 19’ 55,85’’

669.689,457

4.688.713,401

O obxecto da información pública será o estudo de impacto ambiental, a autorización do proxecto de explotación e do plan de restauración do dereito mineiro Pozo do Inferno nº 4375.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de explotación de febreiro de 2022.

2. O estudo de impacto ambiental do 1.3.2022.

3. Plan de restauración co visado 202200056 do 21.3.2022.

O que se fai público de conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, para presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto de explotación e o plan de restauración é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida explotación está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación se poderá examinar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, no concello afectado, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Ourense, 22 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense