DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2023 Páx. 51283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para posterior construción de dúas vivendas unifamiliares acaroadas no lugar de Papellas.

Faise público que na sesión plenaria ordinaria do día 31 de xullo de 2023 foi aprobado con carácter definitivo o estudo de detalle en Papellas-Ares para posterior construción de dúas vivendas unifamiliares acaroadas de iniciativa privada redactado polas arquitectas E. Estraviz Prado/M. Ruiz Fernández e M. Fernández Lemos de EM2 Obradoiro de Arquitectos.20011.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia.

O devandito estudo de detalle remitirase á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coa documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Faise constar de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Decreto 143/2016, do 10 de febreiro, que, en todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do devandito estudo de detalle poderse interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ares, 8 de agosto de 2023

Julio I. Iglesias Redondo
Alcalde