DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2023 Páx. 51251

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, e se convoca ao primeiro exercicio (proba de galego) do proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.

Mediante a Resolución reitoral do 19 de abril de 2022 (DOG do 3 de maio de 2022 e BOE do 22 de febreiro de 2023), convocáronse probas selectivas para cubrir catorce prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 20 de outubro de 2022, ás 9.30 horas, na aula 26 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (avenida do Burgo das Nacións, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web mencionada no punto segundo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela